Eterno combate, o novo disco de SonDaRúa
SonDaRúa é unha das bandas que máis forte lle estaba a dar cando comezou a pandemia. Agora, e tras os meses de confinamento, chega ás miñas mans o seu último traballo, Eterno combate, primeiro disco de longa duración tras o EP Liberando mentes.
Neste novo traballo, estes rapaces de Ponteareas seguen fieis á súa ironía, á musicalidade e á tradición oral e popular de noso mais, coma sempre, mesturándoo co seu hip hop revivindicativo, de crítica social e política.
Aquí quedan uns petiscos de Eterno combate, por se vos prestan.
O seguinte vídeo foi gravado hai apenas uns meses na sala Rebullón onde levaron este seu novo traballo. Un concerto diferente, pouco público e pouco movemento debido ao protocolo COVID, mais algo é algo.
Comentários
Enviar um comentário