Asina pola presenza de contidos en galego nas plataformas audiovisuais.

 

 Nestes tempos de pandemia somos moitas as persoas que gozamos consumindo contidos audiovisuais pero,

por que algunhas poden facelo na súa lingua e outras non? 

Podes axudarnos a solicitar que se inclúa o uso do galego nos catálogos de plataformas como HBO, Netflix, Disney+, Prime Video, Movistar+, etc. 

Cal é a situación actual e por que é preciso mudala? 

As políticas lingüísticas da Xunta de Galicia levan anos facendo o contrario do que deberían; como consecuencia, o uso do galego esmorece no ámbito educativo e social, sobre todo na persoas máis novas. 

Chama poderosamente a atención que, en plataformas que basean o seu negocio na difusión de producións en diversas linguas, o galego continúe ausente tanto na produción orixinal como na estranxeira. 

A creación e difusión de contido en linguas minorizadas (que non minoritarias) é vital

  • Para que as crianzas e persoas adultas poidamos ver reflectido na ficción o noso xeito de falar, pensar e sentir. 
  • Para xerar emprego local no ámbito da tradución, da dobraxe e do subtitulado. 
  • Para que a comunidade dixital internacional poida familiarizarse co galego a través do consumo de media. 
  • Para contribuír positivamente á diversidade lingüística mundial. 

As persoas galegofalantes debemos ser consideradas un público e clientas en pé de igualdade coas das demais linguas. 

Esiximos polos motivos expostos, acceso a contidos na nosa lingua. 

Agradecemos a túa firma e a máxima difusión que poidas darlle a esta petición

Petición creada por María Reimóndez e Éric Dopazo.

Comentários

Mensagens populares