O 24 de febreiro os galegos e galegas conmemoramos o Día de Rosalía. Organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), proponse á cidadanía galega que o celebre agasallando un libro e unha flor. Tamén organiza diferentes actos como a lectura pública do manifesto, este ano redactado por Anna Figueiredo, o 27 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres.

O Día de Rosalía celébrase en toda Galicia con multitude de actos que podes coñecer na páxina da AELG (https://www.aelg.gal/). Destacábase este ano a faceta musical da poesía de Rosalía pois foi inspiración para multitude de grupos e cantantes galegos, como podes ver no artigo "Músicas rosalianas" do noso blog.

Nesa liña desde a AELG propuxéronnos aos centros de ensino de toda Galicia participar cunha coreografía creada por Sebastian Black e Its Soul, para a canción que ten como letra o famoso poema "Negra sombra".

Aquí podes ver as coreografías dalgúns grupos do noso centro:

1º C 



1º D


1º E 



2º C

2º D

 


Comentários

Mensagens populares