Ao voso dispor na biblioteca o libro Ferreñas rock and roll, de Laura Romero e Iria Pedreira

Temos na biblioteca do noso centro este libro. Nel atoparedes unha selección das mulleres que xogaron un papel destacado na música galega, mulleres que foron precursoras, que marcaron un antes e un despois tanto nos seus respectivos estilos como no conxunto da música de Galicia.

O libro constitúe unha evolución no proxecto Músicas Galegas Ilustradas, exposición da que podemos gozar no IES Álvaro Cunqueiro, xa que está pendurada nos corredores da entrada e primeiro e segundo andar . O traballo foi presentado en Vigo o pasado 11 de marzo na libraría de Cartabón e participaron a editora de Baía Edicións (a editorial que o publica), as dúas autoras, Laura Romero, ao lapis, e Iria Pedreira, ás letras. Tamén convidaron a unha das músicas reseñadas no libro, Pili Dios, baixista dun grupo punk vigués das décadas dos 80 e 90, Desvirgheitors.

As tres cariñosamente adicáronnos o libro:



 


Comentários

Mensagens populares